VISO TV
  • Portada
  • Compostela Aberta
  • Contacto
  • Portada
  • Compostela Aberta
  • Contacto
Searching videos

Compostela Aberta

VISO TV é a plataforma de vídeos de Compostela Aberta, proceso de confluencia nacido para devolverlle a cidade á xente. Somos un grupo integrador e democrático. Todas as decisións que tomamos se debaten e votan en asembleas públicas e abertas, ás que poden asistir todas as persoas que o desexen, sexan ou non membros de Compostela Aberta.

Compostela Aberta creouse pouco antes das eleccións de maio de 2015, co obxectivo de, tal e como expresamos no noso Manifesto, rematar coa corrupción, gobernar democraticamente para as persoas e configurar a Compostela do século XXI. Unha morea de voluntarias e voluntarias, expertos nas súas respectivas materias, elaboraron un código ético e un programa baseado no documento que denominamos As 13 chaves , no que se definen as liñas programáticas e de transparencia de Compostela Aberta.

En maio de 2015 Compostela Aberta gaña as eleccións municipais por maioría simple, acadando a alcaldía da man de Martiño Noriega.
Despois de 4 anos de traballo centrados na Compostela Social, en recuperar o latexo cultural da cidade, impulsar a cidade verde, o mantemento e desbloquear obras históricas de Santiago, CA e Martiño volven presentarse ás eleccións co obxetivo de completar o proxecto iniciado no 2015. Contigo, é posible!


  • Compostela Aberta
  • Contacto
  • Aviso Legal

© VISO TV 2023